Os Socialistas do Irixo desvelan que máis de 25 localidades do municipio carecen de saneamento

11, Setembro 2017

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción no día de hoxe no rexistro municipal do Irixo para ser tratada no próximo Pleno da Corporación, PARA DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 25 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN.

Os socialistas na súa moción expoñen;

PRIMEIRO.- Que O Irixo na actualidade ten máis de 25 núcleos de poboación sen servizo de saneamento, algún incluso sen abastecemento de auga corrente.

SEGUNDO.- Que o grupo socialista ven de constatar que os núcleos de: Cangues, A Pedriña, Santiso, Outeiro de Readegos, Cerdeira de arriba, Cerdeira de abaixo, As Antas, Valdesoiro, Paredes, A Ermida, Frixe, Surribas de Froufe, Zebral, O Espiño, Sidre, Covelo, Espiñeira, A Esfarrapa de abaixo, Vila, Trabazón, Munin, Nabas, Barro de San Cosme, Rio, O Coto, Chelos, Zacarade....

TERCEIRO.- Que é impensable que un goberno despois de máis de 31 anos ininterrompidos de mandato non fora capaz de acometer, con axuda de outras administracións ou cos seus propios recursos, o saneamento de todos estes pobos ou núcleos de poboación.

CUARTO.- Que debemos recordar que o concello de O Irixo ven nos últimos anos facendo alarde de ter diñeiro sobrante dos presupostos municipais, no ultimo exercicio máis de 295 mil euros.

QUINTO.- Que debemos recordar que o concello do Irixo, ten ata 3 fontaneiros traballando para o concello, e outros operarios así como maquinaria para poder acometer polos seus propios medios algunhas destas obras de saneamento.

SEXTO.- Que entendemos unha falta de traballo imperdoable do goberno municipal, que tendo medios e recursos económicos para acometer o saneamento dos núcleos de poboación do concello non o fai, mestres gasta parte dos seus recursos noutras obras que non son prioritarias como sí o é que os veciños teñan o saneamento das súas vivendas garantido.

SEPTIMO.- Que é especialmente preocupante tamén que, nalgún pobo como o caso de Zacarade, se acometese a instalación de saneamento das casas do pobo e finalmente se canalizase e deixase a ceo aberto vertendo por un rego sen finalizar nunha fosa séptica como tamén ocorre nalgún outro pobo.

Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presentou para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:

Que o Concello de O Irixo mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para poñer en marcha cos seus propios medios e/ou a axuda de outras administracións o saneamento integral de tódolos pobos de O Irixo.