Os Socialistas negocian con Eva Pardo, de Move Boborás, para que sexa a candidata do PSOE á alcaldía

12, Marzo 2019

Dende Move Boborás non queren confirmar esta decisión que non obstante dan como practicamente pechada na Executiva Provincial do PSdG-PSOE, de maneira que a que fora candidata a alcadía en 2015 podería selo agora baixo as siglas do PSdeG-PSOE.

O actúal portavoz desta formación política de ámbito local no concello de Boborás, José Benito Trigás, asegurou a esta emisora de radio "que a dia de hoxe aínda non temos unha postura do que imos facer nas eleccións, nin xiquera temos convocada a asemblea, asi que non temos nada decidido, nos aprobamos todo en asamblea".

Trigás afirma que manteñen contactos con todos os partidos, "escoitamos a todos, salvo o PP local, témonos reunido con todos, e en época electoral sempre aparecen este tipo de comentarios e rumores", subliñou.

Na eleccións municipais de 2015, Move Boborás acadara 368 votos, o 23,48% do total de voto rexistrado, obtendo 3 concelleiros na corporación municipal.

Pola súa parte, os socialistas conseguiran 101 votos, o 6,45% do voto neste municipio, quedandose fora da corporación do concello.