Os socialistas piden un pleno extraordinario para debatir a transparencia na xestión municipal

4, Abril 2013

A solicitude presentada no rexistro municipal está acompañada dunha moción  do grupo socialista, que será o único punto da orde do dia da convocatoria extrarordinaria da corporación carballiñesa.

O grupo socialista entende que "non procede" a solicitude dun pleno extraordinario -tal como demandaba a Concelleira do BNG- para tratar sobre a imputación do alcalde "porque enrocaríase apelando ó segredo de sumario e non serviría para nada", manifestou en COPE O Carballiño o concelleiro Adolfo Nogueira. Non obstante, defenden os socialistas a necesidade dun debate no que propoñen diversas medidas para mellorar a transparerencia na xestión municipal no concello carballiñés.

Prema no arquivo adxunto para ver a moción socialista: