Os Socialistas recordan "o 1º cabodano" do peche do matadoiro municipal

3, Setembro 2013

Culpan da situación ao alcalde do Carballiño "que en 365 dias non é capaz de resolver un pequeno inconvinte que tería que solucionarse nun par de semanas".

O grupo socialista recorda como "fai xusto un ano que se producíu o peche do matadoiro municipal, por causa da explosión accidental da caldeira de auga quente" e como "Marnotes convertese nunha desgracia para todos os traballadores desta instalación e para moitos carniceiros desta comarca e para a toda a cidadanía que ve como un máis dos servizos cos que contaba se vai a pique pola ineficacia e incapacidade do Partido Popular".

Tamén afirman os socialistas que "xa son cinco as datas anunciadas públicamente polo rexedor para a reapertura desta instalación, e como queda claro, moitas mentiras, unha continua fuxida adiante pero nin unha só solución real". Finalmente, anuncian unha reunión con todos os afectados "para revertir" esta situación.