Os socialistas sitúan nos 2,5 millóns de euros a débeda municipal aos proveedores

13, Outubro 2011

A clave desta diferencia en relación aos 11,5 millóns que apuntaran desde o Partido Popular estaría no saldo con Aquagest, según os socialistas a empresa debe ao concello unhos 9 miilóns de euros, unha cantidade que compensaría os 9 millóns que á súa vez o concello adébeda á empresa que xestiona o servizo municipal de abastecemento de auga.

O portavoz do PSOE, Paco Fumega, desvelaba como "na pasada semana tivemos unha comisión de contas na que estaban presentes a interventora e a secretaria, e a preguntas do noso concelleiro Victor Tato sobre a débeda que Aquagest mantén có concello, a intervención municipal enmendou dunha maneira clara ao concelleiro de facenda, o concello ten un contrato con Aquagest polo que a empresa tén que pagar unhas cantidades que practicamente compensan as cantidades que tén que pagar o concello". Según os socialistas, esa cifra ascende aos 9 millóns de euros, o que deixaría as facturas pendientes de pago aos proveedores nos 2,5 millóns de euros ao cerre do exercicio contable de 2010 "e estaría nos 3 millóns de euros a final deste ano 2011", dixo Fumega.

O Portavoz dos socialistas no concello carballiñés considera que "a débeda cos proveedores é normal, como a  de calquera outro concello", e ademáis, suliñou que o remanente líquido en tesoureira co que se atoparon os populares "foi de 1,9 millóns de euros, o que rebaixa esa débeda cos proveedores, ademáis agora estanse cobrando os ibis e demáis impostos". Fumega considera que o Partido Popular persigue despistar á opinión pública con esta polémica sobre a débeda "o problema é non ter ideas, non ter proxectos e ir as eleccións cun programa que sabes que non podes cumplir", sentenciou o portavoz dos socialistas.