Os socialistas ultiman unha moción de censura ao alcalde de Piñor Luis González

19, Xuño 2018

A moción de censura podería desaloxar da alcaldia ao alcalde do Partido Popular, Luis González, que goberna en minoria o concello de Piñor con tan so 3 concelleiros.

A inicios do actúal mandato municipal, o alcalde resultou elexido tras recibir o apoio de Veciños de Piñor, que conta con dous concelleiros na corporación, e ambas formacións políticas -PP e VP- suscribiron un acordo de gobernanza, que romperon o ano pasado.

Agora, os socialistas -que teñen 4 concelleiros- estudan a presentación dunha moción de censura, que podería prosperar co apoio de Veciños de Piñor.