Oseira terá un novo albergue de peregrinos, ubicaráse na casa do cura e pasará a formar parte da rede pública do camiño

20, Novembro 2019

Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, o proxecto xa está avanzado de tal maneira que este novo albergue de peregrinos  que pasará a formar parte da rede pública de albergues do camiño.

Ata o de agora, ven cumplindo a función de albergue de peregrinos o xestionado pola comunidade cisterciense nas propias dependencias do mosteiro, aínda que en condicións de bastante precariedade, que utilizan os peregrinos que se achegan a Oseira dende Cea seguindo unha variante desta ruta xacobea que decorre polos concellos de Cea e Piñor.

O rexedor municipal confirmou que o novo albergue ubicaráse na "casa do cura", á entrada do cenobio cisterciense "e será ademáis un albergue estratéxico, que terá salas de interpretación do camiño e para diversas actividades".

Desta maneira, o concello de San Cristovo de Cea pasará a contar con dous albergues públicos no seu territorio municipal, éste novo de Oseira sumaráse ao de titularidade municipal sito na vila de Cea e que Valladares non descarta ampliar "estamos mirando a posiblidade de adquirir algunhas casas en ruínas ó lado do albergue que facilitarían a súa ampliación, porque non poucas veces temos que recurrir ao pavillón de deportes para poder darlle acollida aos moitos peregrinos que pasan por Cea, sobre todo cando son grupos moi numerosos", subliñou.