Outro mal trago ante a Segoviana antes da copa do mércores ante Logroñés

28, Novembro 2021

O Arenteiro volveu repetir o guión de anteriores partidos, acaso fai o máis dificil que é poñerse por diante no marcador, pero acaba indo de máis a menos, e cedendo o empate ante os seus rivais. Tamén aconteceu ante a Gimnástica Segoviana, á que deixou ir con vida ao descanso, e coller aire tras o paso por vestiarios.

A primeira parte foi claramente verde, o Arenteiro logrou facer da Segoviana un equipo ramplón, Renán marcou de penalti e pudo facer o segundo pero o balón foise o poste. No inicio da segunda parte os visitantes lograron empatar no primeiro tiro que facían no partido entre os tres paus, gol sicolóxico nada máis comezar ao que non soubo reaccionar un Arenteiro que xa foi a remolque o resto do partido. No último cuarto o partido pudo caer de calquera bando, cunha clara ocasión de gol desperdiciada para cada equipo.

CD ARENTEIRO (1): Diego García, Germán (Manu Mariña, min 46), Portela, Vitra, Eimil, Joseca, Álex Fernández, Renan, Adrián Cruz (Raúl Blanco, min 70), Marquitos (Sobrido, min 75) e Adri Castro (Rubén Arce, min 86).

GIMNÁSTICA SEGOVIANA (1): Carmona, Adrián Pérez, Mansour, Javi Marcos (Rui, min 86), Rahim, Nogueira (Cidoncha, min 86), Manu, Szymanoski (Borao, min 86), Nanclares (De la Mata, min 61), Rafa Llorente (Dani, min 73) e Fran Adeva.

GOLES: 1-0, min 19: Renan, de penalti; 1-1, min 47: Nogueira.

ÁRBITRO: Castellanos Argüeso, do comité cántabro. Ensinou cartóns amarelos a Germán, Manu Mariña, Raúl Blanco, Álex Fernández no Arenteiro; Rafa, Nanclares Fran Adeva e Marcos, na Segoviana.

Vídeo resumen do partido: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-deixa-escapar-outra-vantaxe-e-acaba-em...

O MÉRCORES DIA 1, ÁS 20:30 HORAS, A COPA DO REI ANTE O LOGROÑÉS
Tras a autorización da RFEF para que o partido poida xogarse en Espiñedo, o Arenteiro xa prepara a eliminatoria -a partido único- ante o equipo rioxano, unha das revelacións na actúal competición no grupo primeiro da Primeira RFEF, que este pasado sábado empataba a dous goles no seu partido de liga no estadio do Badajoz.

Para este encontro, o club anunciou a venda anticipada de entradas nas taquillas de Espiñedo, lúns e martes de 10 a 13:30 horas, e de 17 a 19:30 horas, e o propio dia do partido -o mércores- de 10 a 13:30 horas e de 17 horas en adiante.