Pachi Vázquez anima ao goberno municipal "a comezar a traballar" e demandar da Xunta de Galicia solucións para un centro de saúde que "se cae a cachos"

31, Outubro 2019

Pachi Vázquez e Érika Paz, ambolosdous profesionais do sector sanitario, presentaron a proposta que van levar ao pleno municipal para demandar que desde a Xunta de Galicia se atenda unha necesidade perentoría para a nosa comarca como é a reforma en profundidade do actual o a construcción dun novo Centro de Saúde.

Comezou intervindo Érika Paz quen criticou que “a Xunta ignora completamente a O Carballiño nos seus orzamentos para o ano 2.020” e denunciou que lonxe de ser o próprio goberno municipal que enarborara a bandeira da defensa dos intereses dos veciños, éste semella estar a outra cousa, “mentres os veciños se botan á vía do tren para loitar por un transporte público digno, o Concello fala da Ruta das Tapas”.

Na súa intervención Pachi Vázquez lamentou que ningún dos outros tres grupos presentes na corporación fíxese nin tan só unha análise do agravio da Xunta para co Carballiño no seu proxecto de orzamentos, nos que lle correspondeu “un cero patatero” en canto a inversión.

Vázquez considera coma “un elemento fundamental a saúde dos carballiñeses e inadmisible contar cun Centro de Saúde que está caendo aos anacos” onde recalcou que só a profesionalidade dos seus traballadores permete manter os servizos sanitarios con dignidade".

A falla de espazos e as deficiencias estrutarais son algúns dos problemas que teñen que afrontar no seu día a día os traballadores do mesmo.
Vázquez criticou que semella que O Carballiño non pinta nada no mapa político cando outros concellos reciben partidas sustanciais para a mellora das súas infraestruturas da saúde, subliñou.

“Melide ten asignados 2.860.000 €, Porriño 1.500.000 €, A Estrada 3.966.000 €. Chama atención que aquí preto en Lalín haxa xa un proxecto para un novo Centro de Saúde cunha inversión prevista de 5.000.000 € onde haberá servizos coma cirurxía menor ambulatoria, radiodiagnóstico ou hemodiálese. Mentres os responsables do SERGAS comprometeron unha televisión e un par de mesas como mellora para o do Carballiño.” criticou Vázquez.

O Carballiño non quere ser máis ca ninguén pero tampouco pode ser meno, dixo.

Anunciou que ata o día 16 pódense presentar alegacións a estes orzamentos autonómicos e a intención de levar “ao pleno que o alcalde se comprometeu a convocar para o día 6 unha proposta para que tódolos partidos da corporación adoptemos o acordo de enviar a tódolos grupos parlamentarios para que a inclúan a dotación dunha partida singularizada de 250.000 € para a redacción do proxecto e a dirección de obra da Reforma e ampliación do Centro de Saúde no Carballiño”. Éste sería un primeiro paso no camiño de acadar un servizo acorde coas necesidades reais do pobo, manifestou.

Agardan, cometnou, contar co apoio e compromiso de tódolos grupos políticos municipais e o conseguinte dos seus grupos parlamentarios.

Pachi Vázquez rematou remarcando que “tódolos veciños desta comarca merecen unha atención sanitaria digna”