Pachi Vázquez presenta a súa candidatura "un gran equipo e un gran proxecto para relanzar O Carballiño"

3, Maio 2019

Pachi Vázquez presentou este venres a súa candidatura á alcaldía do Carballiño "rodeado dun gran número de asistentes que se achegaron á Eira de Flores a amosar o seu apoio e agarimo ao líder de Espazo Común", destacan dende Espazo Común.

Pachi Vázquez escolleu este emblemático lugar para manifestar "a vocación dunha candidatura completamente renovada que nace por e para O Carballiño”.

O líder de Espazo Común precisou que a nova candidatura basease “nun gran equipo e nun gran proxecto para relanzar O Carballiño: dinamizar a economía, garantir a calidade de vida dos nosos veciños e acometer os importantes cambios estruturais que precisa a vila”.