A palista do Fluvial Avión, Mónica Piñeiro, campiona veterana do mundo de maratón

31, Xullo 2016

Suma e segue. Novo título para a piragüista do Fluvial Avión Mónica Piñeiro, desta vez campiona do campionato do mundo de maratón na categoria  femenina de 40-44 anos, celebrado na localidade portuguesa de Prado Vila Verde.

Na representación española, o palista do Fluvial O Barco, Jesús Rodríguez, alzouse tamén co título na categoria masculina de 35-39 anos.