A Palista do Fluvial Avión, Monica Piñeiro, medalla de bronce no Campionato de España Máster de Piraguismo

19, Marzo 2018

A palista do Fluvial Avión suma unha nova medalla ao seu palmarés, neste caso un bronce no Campionato de España Master de Piraguismo celebrado este pasado sábado 17 de Marzo no río Guadalquivir, en Sevilla.

Mónica Piñeiro conseguíu a 3ª posición na categoria máster 40-44, nesta mesma categoria, pero na masculina, o tamén palista do Fluvial Avión, Pedro Andrés, clasificouse no posto 19.

As regatas desenvolveronse nunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, e numerosos participantes tiveron que ser rescatados polas lanchas de salvamento.

Na foto, Mónica Piñeiro, no acto de entrega de medallas.