Partido plácido do Arenteiro ante Xuventude Sanxenxo, 3-0.

19, Marzo 2017

Pouca resistencia fixo esta tarde o equipo sanxenxino na súa visita ao Estadio de Espiñedo, onde os verdes gañaron con facilidade e mesmo poideron conseguir un resultado favorable máis amplo no marcador se non desaproveitasen o carrusel de ocasións de gol das que gozaron na segunda parte.

Pouco fútbol se pudo ver na primeira parte, na que o máis reseñable foi unha magnífica intervención do meta local Israel na única ocasión que tivo o Xuventude Sanxenxo en practicamente todo o partido, e por suposto os dous goles locais, o primeiro no minuto 13 obra de Rubén Arce nunha acción personal, e o segundo no minuto 41 obra de Vitti, que se aproveitou dunha imprecisión da defensa amarela para batir ao gardameta ruso do Sanxenxo, Vladir.

Na segunda parte, o partido foi un monólogo de Club Deportivo Arenteiro. No minuto 54 Vitti facía o segundo na súa conta particular e terceiro gol do Arenteiro, que sentenciaba o partido. Antes e despois deste gol, unha e outra vez o Arenteiro, sobre todo pola banda dereita cun Sanginés estelar, fabricou varias ocasións de gol que malograron os dianteiros verdes para alcanzar un marcador máis amplo que o 3-0 final.

CD Arenteiro: Israel, Arce, Vilachá, Martín, pana, Cuquejo, Bardelás, Carlos de Dios, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Dani Chimpin, Alberto, Varandela, Maxi e Pachi.