Paso adiante do Arenteiro ao vencer ao Estradense, 1-0.

26, Marzo 2017

Os verdes lograron ante o equipo de A Estrada unha victoria moi importante cara o desenlace final do campionato, nunha tarde chuviosa e fria, aínda que ao calor dunha afección que, con máis de mil persoas no graderío de Espiñedo, non deixou de animar ao Arenteiro durante os 90 minutos de partido.

Entrou ben o Arenteiro no encontro, pero o deseño do adestrador local Manel Vázquez logo se torceu porque no minuto 17 da primeira parte Pana tivo que abandonar o terreo de xogo tras unha acción dun xogador do Estradense. Pana foi trasladado ao centro médico da mutualidade, e afortunadamente en principio, non parece que a lesión revista gravidade.

Coa lesión de Pana, tivo que ocupar o seu lugar no lateral zurdo Rubén Arce, e trastocou o plan ofensivo do Arenteiro, que en realidade era o único equipo que trataba de xogar ao fútbol, xa que o Estrandense, en ningún momento propuxo nin dispuxo, pouca bagaxe a que mostrou hoxe para un equipo con máximas aspiracións nesta liga e plagado de excelentes xogadores, aínda que algo de mérito nesta gris actuación do equipo da Estrada tivo o equipo verde, que en todo momento soubo controlar ao rival.

Na segunda metade, máis do mesmo, é o Arenteiro o único equipo que busca o gol, con dúas boas ocasións, primeiro nun bo tiro de Alberto ao que resposta o gardameta visitante Koke cunha magnífica inttervención, e logo cun cabezazo de Martín nunha xogada a balón parado que se vai fora por pouco.

O premio a quen o merecía chegaba no minuto 69, centro de Sanginés que pega no defensor visitante Mateo, que introduce o balón na súa propia portería.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, Dafonte, Bardelás, Sanginés, Vitti, Dani Chimpin e Rubén Arce. Tamén xogaron Alberto, Dani Vázquez, Varandela e Dani Arbo