Paso atrás do Arenteiro nun mal partido ante o Choco en Espiñedo

1, Decembro 2019

Con moi pouco o equipo de Redondela levouse os tres puntos, ao Choco, que viña de gañar tan so un dos ultimos oito partidos, bastoulle un gol no minuto 24 da primeira parte para marcharse victorioso de Espiñedo.

Foi un deses partidos dos que decimos que non crean afección, sen ritmo,sen apenas ocasións ante ambas porterías, sen emoción, e no caso do Arenteiro sen dúbida no peor partido en Espiñedo do que levamos de campionato.

Tras o descanso, cambeou Gelucho o debuxo da defensa de cinco por un esquema teoricamente máis ofensivo co revulsivo de Ricar e a recente fichaxe Pablo Lede, pouco ou nada cambearon as cousas, co Choco defendendo a ventaxa sen pasar por apuros.

Agora, chega o parón polos partidos da Selección Galega no campionato UEFA das rexións, á volta aos verdes agardalle o Ourense CF no Couto.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...