Pazo da Almuzara, hotel Eurostars de S. Clodio e o camping do Carballiño, a disposición de traballadores desprazados, persoas en exclusión social ou vulnerables durante a crise do coronavirus

26, Marzo 2020

A Xunta de Galicia ven de designar aos tres aloxamentos para poñelos a disposición de traballadores desplazados, persoas sen fogar ou en exclusión social en situación de emerxencia, vítimas de violencia de xénero ou especialmente vulnerables, mentres dure o estado de alerta.

Son, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, o Pazo da Amuzara no concello de Boborás, o hotel Eurostars de San Clodio no concello de Leiro, e o camping municipal do Carballiño.

Con esta iniciativa, a Xunta ofrece unha alternativa polo peche de hoteis e establecementos turísticos decretado polo goberno central e que entra en vigor este xoves dia 26 de Marzo.

Para a xestión de reservas e demanda de aloxamento está dispoñible o teléfono 986 447 060.

Este servizo non poderá ser en ningún caso utilizado por persoas sen unha razón que esté amparada polo Real Decreto 463/2020