Persoas e familias en situación de emerxencia social poderán residir nunha vivenda municipal

18, Marzo 2013

O Concello do Carballiño contará cunha vivenda para acoller a persoas do municipio con algunha emerxencia social ou situacións como o desafiuzamento dunha familia.

Trátase da vivenda situada no barrio da Uceira, que é propiedade municipal, e que nun principio se pensou que podería servir para acoller vítimas de violencia de xénero. Ao tratarse dunha vivenda dentro dun bloque de pisos -subliñan dende o concello- non reune as condicións de seguridade "polo que optase por darlle unha utilidade máis ampla, sen que iso signifique desatender aos posibles casos de violencia de xénero que precisen dun acollemento".

Para iso o Centro de Información da Muller del Concello -recordan- conta cun servizo de 24 horas, onde se ofrecen todo tipo de axudas. A vivenda nunca foi usada para acoller este tipo de vítimas "pero danse as circunstancias para servir para outro tipo de emerxencias, como familias que sufran algún sinistro na súa casa e non teñan onde vivir durante un tempo ou para algún caso de desafiuzamento que se puidese dar no municipio",