Piden a readmisión das dúas traballadoras despedidas no Asilo. Escoita no Podcast de COPE O Carballiño as manifestacíóns do responsable da CIGA e do alcalde Fumega sobre esta polémica.

16, Novembro 2022

Dende o sindicato da CIGA insisten en denunciar a que consideran é "política laboral de acoso e represión" no Asilo Residencia Irmáns Prieto Pereira. E mesmo apuntan a "un plan oculto para cambiar o modelo do Asilo, para pasar a ser un negocio máis de residencia da 3ª idade".

Dende a central sindical volven pedir a readmisión para as dúas traballadoras despedidas. Na manifestación tamén participaron o promotor da recentemente creada "Asociación para a Defensa do Asilo" Pachi Vázquez, o directivo desta mesma asociación Bernardo García ou o concelleiro de Espazo Común Adolfo Nogueira, entre outros.

Aproveitando hoxe a súa intervención en directo nesta emisora de radio, a este asunto referíuse o alcalde do Carballiño. No PODCAST de COPE O Carballiño deste mércores 16 de novembro podes escoitar as manifestacións tanto do Secretario Comarcal da CIGA, Anxo Pérez, como o alcalde Francisco Fumega.