Piñor será un dos tres concellos que acollan a "1ª Copa Ourense Termal-3H Resistencia BTT"

23, Xaneiro 2020

O concello de Piñor acollerá unha das tres etapas, concretamente a última e definitiva que terá lugar o domingo dia 1 de Marzo, un evento co que ademáis da actividade deportiva, preténdese ensinar o patrimonio natural da provincia.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que "xorde coa creación do "Ourense Termal Club Ciclista", un club que pretende fomentar o ciclismo de montaña na nosa provincia", dixo Rosendo Fernández, quen afirmou que froito da colaboración pública e privada "nace un formato novidoso de competición en Ourense que aspira a ser un evento de referencia en Galicia e no Norte de Portugal".

No Concello de Xunqueira de Ambía, o 26 de xaneiro, a proba terá un percorrido de 7´52 quilómetros que comezará desde a Praza San Rosendo. O día 9 de febreiro, a competición trasladarase ata Nogueira de Ramuín onde os participantes poderán gozar dun circuíto de 6 quilómetros que comezará na Praza de Luintra. E, por último, o Concello de Piñor acollerá a proba o día 1 de marzo cun percorrido de 7,9 quilómetros que dará comezo no Campo de Arenteiro. Tódalas probas serán desde as 10.00 ás 13.00 horas.

Toño Rivas explicou que se trata dunha nova competición coa que pretendemos "atraer a xente de fóra, incentivando con premios económicos que ascenden a un total de 2.400 euros", mentres que Daniel Rodríguez dixo que esta proba vai a permitir ensinar aos participantes "o patrimonio natural e paisaxístico da nosa provincia".

Os interesados en participar poderán inscribirse nas categorías de individual feminina, individual masculina, e relevos (equipos de dous corredores e equipos de 3 corredores). A inscrición realizarase a través da páxina www.sportmaniacs.com ata o día 23 de xaneiro para a de Xunqueira de Ambía, o día 6 de febreiro para a de Nogueira de Ramuín, e o día 27 de febreiro para a proba en Piñor