"As piscinas están pechadas pola desidia do goberno municipal", afirman dende o Partido Popular. A apertura será o próximo venres dia 29

26, Xuño 2018

O grupo municipal do Partido Popular presentou no rexistro municipal un escrito cunha batería de preguntas dirixido ao alcalde Francisco Fumega, relativas todas elas á tardanza na apertura das piscinas públicas.

Os populares afirman que o retraso débese "á desidia do goberno municpal que non sabe xestionar este servizo, que debería estar aberto a mediados deste mes de Xuño".

O portavoz, Argimiro Marnotes, preguntouse como "a dia de hoxe, 26 de Xuño, unha empresa especializada estaba esta mañá realizando traballos de fumigación de insectos nas instalacións" e apuntou ao retraso por parte do concello "na tramitación do expediente administrativo para a contratación do servizo como o motivo real que explica esta situación".

Por outra parte, o concello do Carballiño confirma que a apertura das piscinas será o próximo venres dia 29, venres e sábado serán xornadas de "portas abertas", con entrada gratuíta.

Para acceder ao escrito do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

Para acceder ao comunicado do concello prema no arquivo adxunto: