A Plataforma Carballiñesa de apoio ás Marchas da Dignidade pide a participación cidadán

26, Novembro 2014

O Carballiño volverá estar representado nas "Marchas da Dignidade" que se convocan para este sábado dia 29 de Novembro. Se no pasado mes de Marzo a convocatoria foi unitaria, en Madrid, as organizadas para este sábado que ven teñen carácter autonómico, a galega será en Santiago de Compostela.

A Plataforma carballiñesa organiza o desplazamento en autocares que sairán ás 9,30 horas dende a Veracruz a un prezo de 6,50 euros ida e volta para quenes reserven praza con antelación.

"Nos Somos a Dignidade, pedimos pan, teito e traballo para todos, ningúen quere vivir da caridade, hai recursos suficientes si se reparten con xustiza para que toda persoa dispoña deses tres mínimos, se os sindicatos e partidos maioritarios non se moven ou están cos poderosos, os cidadáns de a pe defenderémos os nosos dereitos", proclaman.