A Plataforma carballiñesa reivindica unhas pensións dignas

18, Marzo 2018

A Praza Maior do Carballiño acolleu este pasado sábado unha concentración convocada pola Plataforma Carballiñesa de apoio ao Movemento por unhas pensións dignas.

Nas súas intervencións, os manifestantes que tomaron a palabra deixaron clara a súa indignación contra o incremento do 0,25 fixado polo Goberno, ao que dirixiron as súas criticas.

A Plataforma convocara aos pensionistas e veciñanza en xeral a acudir a un acto de protesta, no que reivindicaron o dereito dos pensionistas á revalorización das súas pensións públicas dacorde co incremento do IPC interanual.

Tamén demandan unha pensión mínima de 1.080 euros como -recordan- fixa a carta social europea, asi como a xubilación aos 65 anos ou que se recupere o subsidio ás persoas mairores de 52 anos, entre outras varias peticións.