A "Plataforma pola defensa do entorno da Veracruz" pon en marcha unha recollida de sinaturas para esixir a retirada do muro

19, Maio 2010

Desde hoxe, todas as persoas que queiran posicionarse contra o polémico muro do proxecto de urbanización da Veracruz, poderán facélo asinando un escrito no que se solicita "que se retire o muro e paredón de pedra aplacada que cerca o monumento". Con esta iniciativa nace no Carballiño a "Plataforma pola defensa da Veracruz", un colectivo veciñal que se considera "apartidista e aconfesional, e co único fin de conseguir da administracción que se pare o que consideramos é unha desfeita para un ben xa universal como é o Templo da Veracruz". José Luis Alves, ún dos promotores da plataforma, tamén incidíu no sentido "apolítico desta reivindicación popular, xa que o respeto ó noso patrimonio é o que se pide, e eso nada ten que ver coa política partidista", polo que se recabará o apoio de todos os veciños e veciñas sen distinción de ideoloxia, aclaran, xa que "o único que intentamos é que non se consolide unha tropelía que despois será xa un mal irreparable". Os escritos para esta recollida de sinaturas, que serán remitidas á Dirección Xeral de Patrimonio, poderán encontrarse en diversos locais do Carballiño abertos ó publico, como comercios e establecementos de hostelería.