Pleno da Corporación: sí á compra da fábrica de papel, non á da casa da antiga Ferraxería Soto

30, Xullo 2015

Os dous asuntos máis relevantes da primeira sesión ordinaria da nova corporación municipal desenvolverónse según o guión previsto e xa anunciado con anterioridade polos catro grupos políticos representados no concello carballiñés.

O Partido Socialista, que agora obstenta o goberno, e os concelleiros do BNG e Alternativa Veciñal escenificaron a súa postura en contra da compra da casa da antiga Ferraxería Soto, que fora acordada polo Partido Popular no derradeiro pleno do anterior mandato municipal. Os populares quedaronse sós na defensa desta operación de compra de venda, que agora quedará anulada.

A que sí seguirá o seu curso é a adquisición da antiga fábrica de papel da Lavandeira, unha propiedade inmersa nun procedemento concursal baixo supervisión xudicial, unha operación que tamén fora iniciada polo anterior goberno do Partido Popular. Neste caso, tanto o actuál grupo de goberno socialista como AV consideran necesaria a operación, polo que o BNG fracasou na súa petición de anular o acordo da anterior corporación.