Podemos reaparece na escea política local: este domingo 29 celebra unha asemblea aberta na casa da cultura ás 20:30 horas

26, Setembro 2019

Inténtase deste xeito recuperar a actividade de Podemos "que xa existía no Carballiño pero que por mala xestión do antigo secretario desapareceu case ata quedar relegado a un plano case inexistente", manifestan nun comunicado emitido pola formación morada.

Engaden que no círculo de Podemos O Carballiño traballaráse tanto a nivel municipal como autonómico "poñendo á vista as necesidades e demandas da xente da nosa vila".

Tamén avanzan que dende o círculo carballiñés apoiarán "todas a candidaturas de unidade popular que haxa, en pos de traballar por mellorar as cousas e por poñer ás institucións ao servizo da xente".

Nesta asemblea a celebrar este domingo 29 de Setembro ás 20:30 horas na casa da cultura do Carballiño participarán representantes da directiva de Podemos Galiza, e trataránse temas como as próximas eleccións xerais, como as vindeiras autonómicas, ademáis de outros asuntos de ámbito municipal no concello do Carballiño