A Policia Local comeza a pedir que se xustifique a mobilidade a peóns e conductores no territorio municipal.

17, Marzo 2020

A Policia Local do Carballiño leva dende o inicio do estado de alerta facendo un control diario da mobilidade da poboación, fundamentalmente dentro do casco urbano do Carballiño, ata o momento non abríu ningún expediente sancionador por desobedecer  a restricción de quedarse na casa sen xustificación, centrándose sobre todo en funcións informativas.

Pois ben, a partir deste mércores dia 18 de Marzo comezará a pedir que se xustifique  a mobilidade dentro do municipio do Carballiño, tanto a peóns como a conductores de vehículos, según advirten dende a Xefatura da Policia Local carballiñesa, que dende a entrada en vigor do estado de alerta está baixo o mando único do Ministerio do Interior.

As multas por saltarse sen xustificación o confinamento domiciliario van dos 601 aos 30.000 euros, e prisión de tres meses a un ano se a resistencia á autoridade é grave.

Este  mesmo control de mobilidade das persoas durante o tempo que dure o estado de alarma tamén pode exercélo tanto a Garda Civil como a Policia Autonómica.