A Policia Local detén a un veciño de Madarnás tras sorprendelo prendendo lume aos contenedores do lixo

27, Novembro 2011

A Policia Local do Carballiño culminou esta fin de semana unha investigación que rematou coa detención dun veciño da Parroquia de Madarnás, de 43 anos de idade, como presunto autor da queima de varios contenedores de lixo no casco urbano do Carballiño.

 Os feitos viñanse reproducindo durante as últimas fines de semana, maís concretamente durante as madrugadas do domingo, polo menos 7 contenedores da recollida do lixo ubicados na zona urbana do Carballiño resultaran destruidos polo lume, provocado de forma intencionada. A Policia Local do Carballiño, que abrira unha investigación para localizar ao autor ou autores dos feitos, puxo en marcha este pasado sábado un dispositivo especial de vixiancia, que deu como resultado a localización do presunto pirómano. Ainda asi, non pudo evitarse que o lume afectase a un contenedor na rúa Aldara, a carón do edificio Cheda, a onde tiveron que acudir os bombeiros do GRUMIR para controlar o lume. Nas últimas fines de semana, varios contenedores resultaron no Carballiño con grandes desperfectos e outros varios queimados na súa totalidade. A Policia Local impútalle ao detido a queima de polo menos 7 contenedores, no transcurso das últimas semanas.