Politica Social adxudica o contrato do servizo para persoas maiores en situación de dependencia na residencia do Cornuval á empresa "Agrupación de Actividades Geriátricas SL"

22, Setembro 2020

A empresa, vinculada ao Grupo Gesmedical, resultou adxudicataria deste contrato para a xestión do servizo de para persoas maiores en situación de dependencia na residencia pública do Carballiño, sita no Cornuval.

Asi o recolle unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, con data do pasado dia 7 deste mes de Setembro no que andamos. O contrato, para un total de 50 prazas residenciais, ten unha duración inicial ata o 31 de Decembro de 2020, e poderá ser prorrogado ata un máximo de cinco anos.