Polo retraso na instalación da iluminación navideña: o comercio mostra o seu enfado, o PP ve "ineficacia e falla de implicación do concello" e éste anuncia que se instalará a próxima semana

6, Decembro 2018

O Centro Comercial Aberto do Carballiño difundíu un comunicado no que se fai eco do sentir da maioría dos seus asociados, que expresan "a total preocupación e incluso enfado para co concello do Carballiño" polo retraso na instalación da iluminación navideña nas rúas carballiñesas.

A asociación de comerciantes lamenta esta situación, piden explicacións, e agardan que "o antes posible O Carballiño sexa decorado como se merece nestas datas para axudar á dinamización comercial".

Dende a oposición, o Partido Popular recorda que xa advertíu no pleno do pasado xoves 29 de Novembro deste retraso e non obtivo resposta.

O grupo popular critica que "fai apenas 15 dias aínda foron retiradas as luces das Festas do Setembro, o que mostra a ineficacia permanente dos gobernantes municiapais", e mentres noutros concellos -remarcan- xa se instalou fai semanas, no Carballiño aínda non comezaron os traballos polo que consideran "é amplamente mellorable a implicación do concello na promoción do comercio".

E mesmo falan os populares de "fogo cruzado entre os concelleiros de cultura e comercio, Diego Fernández e Adolfo Nogueira, no que non teñen que verse metidos nin comerciantes nin veciños.

Pola súa parte, dende o concello informan que a iluminación quederá instalada no transcurso da semana que ven "será vistosa" e complementaráse como novidade con música ambiental nas rúas máis céntricas do Carballiño.