Portonovo SD 2-1 CD Arenteiro

8, Xaneiro 2017

Os verdes perderon en Portonovo un partido que tiñan gañado ata o minuto 71 de xogo, pero no fútbol afirma a máxima que quen perdoa acabao pagando, e eso aconteceu, pudo o Arenteiro ter sentenciado o partido con antelación, e ao final rematou perdendo.

Adiantouse o Arenteiro no minuto 12 por medio dun gol de Vitti, e o Portonovo apenas creou ocasión de gol  algunha durante toda a primeira parte, mentres era o Arenteiro o único equipo que levaba perigo ante a portería contraria.

E asi comezou tamèn a segunda parte, na que Rubén Arce tivo outra magnífica ocasión para ampliar o marcador, pero fixo o que non é habitual neste xogador, fallar na definición. Logo, a piques estiveron de facer o segundo  Padrón e o debutante Martín Sanchez, mentres o Portonovo nin xiquera era capaz de inquietar a portería de Pachi.

E acaso pensaron -erróneamente- os verdes que todo estaba feito e que non era preciso facer máis para gañar, e resulta que os partidos duran 90 minutos máis o desconto.

Tras o empate no minuto 71, os locais aproveitaron despois no minuto 83 un libre directo no pico da área para colar o balón polo primeiro pau da portería de Pachi, e conseguir asi que os 3 puntos se quedasen no campo de Baltar.

CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, Dafonte, Bardelás, Carlos de Dios, Rubén Arce, Vitti e Alberto. Tamén xogaron Cuquejo, Sanginès, Dani Vázquez e Dani Chimpín.

O vindeiro domingo dia 15 o Arenteiro inicia a segunda volta do campionato de liga na Preferente Galicia, desplazandose a Baiona para enfrontanrse ao equipo do Erizana.