Posible moción de censura co apoio do PP ou pacto entre PSOE e ESCO ? Pachi Vázquez augura cámbios e "unha Festa do Pulpo moi potente para o ano que ven". Escóitao aquí.

14, Agosto 2023

Unha conxectura ven a ser un xuizo formado sobre meros indicios ou aparencias, pero en política moitas non poucas veces tamén pode estar fundamentada. 

O que en realidade augurou Pachi Vázquez ante o micrófono de COPE O Carballiño é que está seguro que o ano que ven a Festa do Pulpo virá con moitos cámbios e será unha Festa do Pulpo "potentísima", e de momento Espazo Común non ten responsabilidades de goberno para asegurar eses cámbios, pero Vázquez foi contundente nas súas manifestacións.

Que podería pasar, acaso unha moción de censura xunto ao Partido Popular para desaloxar da alcaldía a Fumega ou mesmo un pacto de ESCO co PSOE para un novo goberno bipartito no concello do Carballiño?

Escoita as declaracións de Pachi Vázquez no audio adxunto: