A Praza de abastos reparte os premios da campaña de verán, que tivo unha participación record

8, Agosto 2019

Acompañados por un grupo de gaitas e coa asistencia da concelleira Silvia Baranda e o presidente da asociación de praceiros, Eligio González, realizouse este mediodía o sorteo de 12 premios en vales de compra de 50 euros cada un e unha caixa de viño Pazo Tizón, con motivo da campaña de verán.

As persoas afortunadas foron as seguintes:

Patricia Vázquez (Caixa de viño), e Mónica Iglesias Varela, Gladis Díaz Alonso, Isa, Mª Carneiro Gallardo, Lucía López Iglesias, Parrillada Os Amigos, Neli Estévez, Pura López, Otilia Alonso, Fidelina López, Mari Carmen García e Esperanza Barreiro, que obtiveron respectivamente doce vales por valor de 50 euros cada un.

Tanto Silvia Baranda como Eligio González destacaron a gran participación nesta campaña, que superou as 8.000 papeletas depositadas, e que da conta da súa importancia para axudar a elevar as ventas da praza de abastos.

E reiteraron o dinamismo desta instalación municipal, sobre todo, nesta semana grande da Festa do Pulpo.