A Praza Maior convértese nunha grande exposición da cartelería da festa do polbo, que xa é "de interés turístico nacional"

9, Xullo 2012

A Directora Xeral de Turismo confirmou que "nun tempo record conseguíuse que a festa do pulpo sexa declarada de interés turístico nacional".

Carmen Pardo deu a coñecer a noticia no transcurso da inauguración da exposición de carteis dos 50 anos da festa, que colgan dos balcóns da Praza Maior do Carballiño.  A responsable de turismo da Xunta manifestou que "o mérito desde logo é da corporación local e do seu Alcalde, que conseguiron presentar toda a documentación requerida polo ministerio".

"A festa do pulpo é unha gran embaixadora do Carballiño, ademáis dunha gran oportunidade para este xeodestino turístico", dixo a directora xeral.

O Alcalde agradeceu a todos os veciños que fixeron posible esta exposición, aos que cederon os balcóns na Praza Maior e aos que cederon algunhos dos carteis "que gardaban nas súas casas e poidemos asi recuperar". Marnotes tivo tamén un especial recoñecemento para Felipe Luis López e o seu fillo Felipe Senén López, que desinteresadamente foron os autores dos carteis durante os 50 anos de historia da festa.

Precisamente, Felipe-Senén, que participou no acto en compañía de varios familiares, tivo unha emotiva lembranza para os precursores da festa nos anos 60 do século pasado "para aqueles homes que daban todo o que se lle pedía cando había bastantes máis problemas, Ramón Valeiras, Luis Padrón -que era periodista- e o meu pai, naquéla primeira festa na que servimos os fitos dos concelleiros e os fillos dos empregados municipais". Referíuse ao presente da festa do polbo como un "recurso identitario do Carballiño, unha parte moi impotante da marca O Carballiño", enfatizou.