Preocupación e incertidume na Residencia Irmáns Prieto: A comunidade de relixiosas que dirixe este centro podería abandonar O Carballiño tras 120 anos

20, Xuño 2020

A decisión da casa rectora da congregación das "Hermanitas de los Ancianos Desamparados" con sede en Valencia está tomada, e salvo trasacordo, a comunidade relixioxa que dirixe dende fai 120 anos a residencia de maiores da Fundación Hermanos Prieto, sería trasladada a outros destinos de forma inminente, no transcurso dos próximos meses, abandonando desta maneira O Carballiño.

Asi pudo sabélo COPE O Carballiño de fontes de toda solvencia, que confirman esta información, que tamén recoñece a Superiora que está ao fronte da comunidade que mantén a once relixiosas na actualidade no Carballiño. A decisión foi acollida con tristeza no seo da propia comunidade.

Varios dos 40 traballadores e traballadoras do centro, algunhos aínda descoñecían a noticia este sábado, tamén manifestaron a súa preocupación pola repercusión que esta decisión pode ter no futuro inmediato na xestión do centro, que conta cunha capacidade para 110 persoas, válidas e asistidas, e con ocupacion plena dende fai anos.

A Residencia dos Irmáns Prieto, históricamente coñecido e aínda hoxe en dia chamado popularmente "o asilo" é propiedade da Fundación Hernanos Prieto, que está xestionada dende a súa creación fai 120 anos polas relixiosas "Hermanitas de los Ancianos Desamparados", nacida como parte da doazón dos Irmáns Prieto ao pobo do Carballiño, na mesma figuraba que tería que estar dirixida por unha comunidade relixiosa.

As instalacións ocupan varios miles de metros cadrados no centro urbano do Carballiño, cunha zona edificada, capela e espazos verdes, con fachada e acceso principal pola rúa Curros Enríquez. Con 110 prazas, é o xeriátrico con máis capacidade de toda a comarca do Carballiño.

O Patronato da Fundación, da que participa a Parroquia do Carballiño e o Bispado, e o alcade do Carballiño, deberán tomar unha decisión para garantir a continuidade da residencia.