Primeira derrota do curso para o Arenteiro, que continúa líder

31, Xaneiro 2021

Foi na xornada 15 e con dous partidos pendientes de xogar (xornadas 12 e 13) cando o Arenteiro perdeu a súa condición de invicto no campionato de liga de terceira división, e foi na súa visita ao campo do UD Atios nun partido soporífero no que gañou o equipo que tivo a fortuna de marcar un gol. O Arenteiro non tivo a súa mellor tarde, levou a iniciativa na maior parte do partido pero non foi capaz de superar ao conxunto do Porriño, que continúa sen perder como local.

Con esta primeira derrota da tempada o equipo carballiñés perdeu unha gran ocasión de distanciarse dos seus perseguidores na clasificacion, aínda que non impide ao Arenteiro seguir outra semana máis como líder da clasificación no subgrupo B do grupo 1 da terceira división.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Por diante, unha semana de 3 partidos

O Arenteiro ten agora por diante unha semana na que xogará tres partidos. O Club solicitou ao Estradense adiantar o partido da xornada 16 ao sábado dia 6 de Febreiro, xa que a RFGF fixou para o mércores dia 10 ás 17 horas o partido adiado ante o Arousa. Completaráse a semana o domingo 14 visitando o campo do Morrazo para enfrontarse ao Alondras. Unha semana moi esixente e que pode resultar trascendental para o futuro inmediato do Arenteiro nesta liga.