A primeira nevarada do ano na comarca: en Pobadura acumularónse 10 cm. de neve

2, Febreiro 2019

A primeira nevarada do ano tamén chegou a terras da nosa comarca, como aconteceu na zona alta da parroquia de Oseira, tal como pode verse na foto, nas inmediacións do pobo de Pobadura, no límite dos concellos de San Cristovo de Cea e Rodeiro.

Nesta zona acumularonse ata 10 cm. de neve nos dous últimos dias. As máquinas quitanevas tiveron que realizar varias pasadas para deixar transitables os accesos a pobos como A Cabana, O Arenteiriño e Pobadura.