Primeiro concello da comarca en contar con este distintivo: Maside iza a súa bandeira na festividade de San Vitorio

27, Agosto 2020

Coincidindo coa festtvidade de San Vitorio nee 27 de Agosto de 2020 o concello de Maside procedeu ao izado da súa nova bandeira oficial, converténdose asi no primeiro concello da comarca en contar con este distintivo, recoñecido oficialmente como tal pola comisión de heráldica da Xunta de Galicia.

No acto solemne, que contou coa presenza da corporación municipal e numerosos veciños de Maside, a banda de música A Lira interpretou o himno galego. A bandeira de Maside xa comparte balcón na casa do concello xunto as bandeiras galega, española e europea.

O expediente ante a Xunta de Galicia foi iniciado en 2008 avaliado polo estudo histórico asinado polo investigador masidao e experto en heráldica, Xosé Ricardo Rodríguez.