Primeiro concello que anuncia esta medida: O Irixo aporta "unha axuda municipal para a cuota dos autónomos"

3, Abril 2020

Asi ven de anunciálo o alcalde Manuel Cerdeira, unha medida que será efectiva con carácter inmediato.

O concello do Irixo, que se converte asi no primeiro da comarca en adoptar esta medida, vai axudar directamente a "todos os autónomos con domicilio fiscal ou que estan empadronados no municipio do Irixo, terán unha axuda do concello correspondente á contía da cuota de autónomos do mes de Marzo".

O concello do Irixo conta con 84 autónomos, tras experimentar un incremento interanual de 22 novos autónomos, a maioria deles nos últimos meses, xente moza que se deu de alta a través dos programas de empredemento xoven apoiados dende o concello e a deputación provincial.