Programación especial de COPE con motivo das eleccions ao Parlamento de Galicia 18-F, este domingo a partir das 20:00 horas.

17, Febreiro 2024

Confirmarase o PP, con Alfonso Rueda á fronte, como a forza máis votada nas eleccións galegas deste domingo 18 de febreiro?

De ser así, perderá a maioría absoluta en Galicia, como auguran as últimas enquisas do CIS, ou a conservará, como aseguran outras?

Ata que punto chegará o auxe do Bloque Nacionalista Galego? Xogarán os pactos un papel crucial nestas eleccións autonómicas?

Este domingo, desde as 20.00 e ata as 23.30 h, COPE ofrece unha programación especial con motivo das eleccións galegas, dirixida por Ángel Expósito, con toda a información, as claves e a mellor análise para responder a estas e outras preguntas nunha xornada decisiva para os galegos. Protagonismo tamén para Fernando de Haro, que estará a seguir o minuto a minuto desde as rúas de Santiago de Compostela.

Ademais, COPE levará a cabo un despregamento nas sedes dos principais partidos en Galicia, con conexións desde as centrais do PP, BNG, PSOE, Sumar, Vox e Democracia Ourensá. Tamén desde o centro de datos con Alberto Varela, para seguir en directo o escrutinio, e desde as sedes nacionais do PSOE e PP en Madrid, con Ricardo Rodríguez e Maribel Sánchez que estarán pendentes das primeiras reaccións.

Ao longo do programa, Expósito contará coa participación de xornalistas como Antonio Arráez, Carmen Martínez Castro, Jorge Bustos, Julián Quirós, Ignacio Camacho ou José Manuel Estévez-Saá, analista político e profesor da Universidade da Coruña.

O programa especial eleccións poderase escoitar en antena, en COPE.es e a través da aplicación de COPE.

Ademais, emitirase en streaming de vídeo a través de Youtube e as redes sociais da emisora con contidos exclusivos.