Prospera a moción de censura no concello do Irixo, Susana Iglesias de Xuntos, co apoio do PSOE, elixida nova alcaldesa.

29, Agosto 2023

O pleno extraordinario celebrado este mediodia desnvolveuse según o guión previsto, co voto a favor da moción de censura de Xuntos  polo Irixo (3 votos) e PSOE (2 votos) que sumaron  maioría, arrebatándolle a alcaldia do Irixo despóis de 28 anos ao Partido Popular.

Desta maneira prosperaba a moción de censura, o popular Manuel Cerdeira cedía o bastón de mando no concello do Irixo á candidata proposta polos asinantes da moción de censura, Susana Iglesias, a nova alcaldesa do Irixo, que o será -según o acordo asinado co PSOE- ata o 26 de maio de 2026, ese dia debería deixar o cargo a favor de Iago Fariñas, o concelleiro socialista.

A secretaria xeral do PPdeOU, Ana Villarino, definiu a moción de censura desenvolvida esta mañá no Concello do Irixo contra o alcalde popular, Manuel Cerdeira, como “o resultado dun proceso no que o interese xeral quedou completamente desterrado ante os intereses particulares duns poucos”.

“E agora, que? Os partidos responsables desta moción de censura”, preguntouse Villarino, “deberán explicar aos veciños e veciñas do Irixo as razóns verdadeiras do acontecido hoxe no salón de plenos, apenas dous meses despois de terse constituído a Corporación municipal”.

“O Partido Popular gañou as eleccións no Irixo”, lembrou a secretaria xeral do PPdeOU, “e os partidos perdedores nas eleccións municipais do pasado 28 de maio terminaron chegando a un acordo que desfigura o mecanismo da moción de censura. Porque aquí non están a censurar a un goberno senón que están a repartirse cargos sen ningún tipo de disimulo nin escrúpulos”.

“A política non é, dende logo, o que vimos esta mañá no Concello do Irixo. Non é antepoñer o individual fronte ao colectivo, nin é reducir todo a cuestións persoais. No PPdeOU témolo moi claro, e por iso traballaremos aínda con máis forza polo presente e o futuro deste concello”, remarcou Ana Villarino.

Mentres, desde o PSdG-PSOE manifestaron a súa satisfación porque "por vez primeira o concello do Irixo vai ter un goberno progresita". Ata O Irixo achegaronse unha ampla representación dos concelleiros e concelleiras do PSOE na comarca do Carballiño, asi como o secretario xeral provincial, Rafael Villarino.