Protesta dun grupo de traballadoras ás portas do concello, ao que culpan de quedar sen traballo

19, Outubro 2016

Un grupo de 5 traballadoras, apoiadas polo sindicato da CIG e o concelleiro de Alternativa Veciñal Bernardo García, fixeron pública a súa protesta contra o alcalde do Carballeiro e o concelleiro de persoal, aos que fan responsables de quedarse sen traballo.

As traballadoras estaban contratadas por unha empresa adxudicataria do contrato municipal para a limpeza dos centros escolares públicos do Carballiño, un contrato que non foi renovado polo concello carballiñés ao decidir remunicipalizar o servizo e polo tanto realizar os traballos de limpeza con personal contratado directamente polo propio concello.

Nati Álvarez, do sindicato da CIG, manifestou que "as traballadoras síntense engañadas" polos responsables municipais, "nos estamos a favor da xestión pública dos servizos, pero o que se lles pedía é que estar traballadoras seguisen nos seus postos de traballo mentres non se convoca o concurso para cubrir as prazas", dixo.

Pola súa parte, dende o goberno municipal carballiñés, Adolfo Nogueira asegura que "o que se está fecendo é cumplir o acordo do pleno de remunicipalizar servizos, e neste caso se subrogamos a estas traballadoras despóis do informe de Secretaría estariámos prevaricando, e esto xa se lles explicou a estas traballadoras", polo que para o concelleiro é difícil de entender a protesta.