Proxectos de xóvenes emprendedores do Irixo e Maside reciben axudas da Deputación a través do programa EmprendOU

7, Setembro 2020

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense ven de aprobar unha rsolucion sobre o concurso público para subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que levan a cabo proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense, no marco do proxecto emprendOU.

No ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro son subvencionables os proxectos de autoemprego presentados por xóvenes entre os 16 e os 30 anos que residan en calquera dos concellos de ambas comarcas, coa única excepción do municipio do Carballiño.

En concreto, as iniciativas que agora reciben esta axuda desenvolveránse nos concellos do Irixo e Maside e refírense a recolección de produtos silvestres, café-bar en vehículo, servizos forestais e comercio ao maior de produtos cosméticos. Cada emprendedor recibirá unha axuda de 675 euros durante doce meses.