PSOE e BNG votan en contra da urxencia da moción do PP e impiden que o pleno se pronuncie sobre o muro da Veracruz

13, Maio 2010

A moción que o Partido Popular presentou polo trámite de urxencia e na que se pedia o acordo plenario para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a que proceda a eliminación do muro construído no proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, non se incluíu finalmente na órden do dia da sesión ordinaria celebrada pola corporación carballiñesa, xa que PSOE e BNG impediron esa posibilidade ó votar en contra da urxencia. O Alcalde, Carlos Montes, tildou a iniciativa dos populares de "oportunismo político" e propuxo -nada se concretou tampouco- que unha representación integrada por  él mesmo e os portavoces dos partidos políticos solicitasen unha entrrevista có Conselleiro para trasladarlle esta "inquietude dun sector do pobo do Carballiño". Desde o BNG, Manuel Amil volveu insistir en que "a solución é política" e asegurou que esta sensibilidade maioritaria da sociedade carballiñesa xa é do coñecemento dos responsalbles da execución da obra. O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, intentou -sen éxito- explicar os motivos da urxencia desta moción, pero de inmediato o Alcalde retiroulle a palabra, tras aclararlle que non procedía o debate ó non admitirse a urxencia por parte do pleno.

A Corporación tamén aprobou unha nova operación de tesoureira por importe de 1.300.000 euros, cos votos en contra da oposición e tras manifestar Argimiro Marnotes que o Partido Popular non vai apoiar este tipo de operacións mentres no se execute o acordo plenario no que se acordou a realización dunha auditoria das contas municipais. Marnotes tamén recordou a alta débeda que arrastra o Concello do Carballiño  "a máis alta entre os concellos das súas características no ámbito provincial, según os datos do Ministerio de Economia e Facenda". Montes restou importancia a eses datos do Ministerio e en relación á auditoria admitíu que o Consello de Contas xa contestara negativamente a solicitude feita polo concello carballiñés "pero si queren facela poden", concluíu. Mentres, o portavoz do BNG, Manuel Amil, xustificou esta operación crediticia "porque sempre será mellor deberlle ós bancos que os pequenos empresarios".

Houbo unanimidade entre os 3 grupos políticos para demandar da adimistración autonómica o arranxo das rúas Ourense e O Irixo, e tamén para propoñer á Consellería de Sanidade a actúal estación de autobueses como posible ubicación do novo centro de saúde do Carballiño. A Corporación acordou o apoio institucional á manifestación en defensa do galego convocada pola plataforma "Queremos galego" para o vindeiro lúns 17 de maio en Santiago, acordo do que se desmarcou o Partido Popular.