Punto final para o Arenteiro, dase por rematada a tempada 2019-2020, na que non haberá descensos. Ourense CF e CD Barco xogarán polo ascenso.

Punto e final á tempada para o Club Deportivo Arenteiro, xa é oficial, a RFEF da por cancelada a competición na terceira división, non haberá descensos e xogarán un playoff exprés os catro primeiros clasificados na xornada na que quedou suspendida a liga.
A Comisión Nacional de Presidentes Territoriais, reunida baixo a presidencia de Luis Rubiales, decidiu por unanimidade trasladar á Xunta Directiva e á Comisión Delegada a seguinte proposta para a resolución da competición na terceira división atendendo ao comunicado na materia tanto polo Ministerio de Sanidade e o Consello Superior de Deportes.
A proposta estará condicionada á evolución da pandemia e ás recomendacións do Ministerio de Sanidade e do Consello Superior de Deportes.
Para evitar problemas de saúde, atendendo ao protocolo recomendado polo CSD e ou Ministerio de Sanidade, o playoff de ascenso a segunda división B dos 4 primeiros clasificados (Compostela, Ourense CF, Arousa SC e Barco) realizarase entre eles na sede que determine a Federación Galega de Fútbol, da seguinte maneira:
Fase Final playoff: 2 eliminatorias – 3 partidos totais:
Semifinais: 2 partidos - 1 partido 1º vs 4º // 1 partido 2º vs 3º Final:
1 partido entre vos vencedores dás semifinais.
Esta fase final realizarase en dous fins de semanas consecutivos. Finalizada a fase final, a RFEF adxudicará dúas prazas adicionais entre os primeiros clasificados que non ascendesen.
En función do número de primeiros clasificados que non ascendesen, a RFEF buscará o sistema de competición para asignar as dúas prazas adicionais.