Qué facer esta fin de semana? Cine en Leiro e Moldes, Concertos en Maside, Leiro e A Insua dos Poetas, Humor en Pazos de Arenteiro e Maxia no Irixo.

27, Agosto 2021

A derradeira fin de semana do mes de agosto chega con tempo caluroso e tamén con moitas actividades para o ocio, a cultura e o lecer.

Cine

O Novocine de Leiro proxecta durante toda a fin de semana e ata o xoves da semana entrante 3 películas: Bebé Jefazo 2, A todo tren destino Asturias, e Free Guy. O concello de Boborás proxecta cine de comedia "Hasta que la boda nos separe", sábado 28 ás 22:30 horas na carballeira de Moldes.

Maxia de verán no Irixo

A praia fluvial do Irixo será o escenario de "Maxia de verán" a cargo da compañía de espectáculos culturais "Hípica Celta", o venres 27 ás 21 horas.

"A Lira" en Leiro

A Banda de Música "A Lira" ofrece un concerto ás 20 horas deste venres na Praza do Cruceiro de Leiro, único acto programado polo concello de Leiro neste ano de NON Festa da Vendima.

San Vitorio en Maside

Sen verbenas este ano, aínda que cun variado programa de actividades, entre as que temos -venres e sábado- a animación musical da Banda A Lira e a Banda de Boborás. Tarde de folc e troula -o venres 27- dende as 20:00 horas co grupo "Tanto nos ten" e a charanga CLK. O sábado, de 19 a 22 horas animación coa charanga Castro Bello, e dende as 22:30 horas, noite de concerto cos grupos "le Blank", "The impossiblues" e "Malditos pendejos".

O actor Avelino González en Pazos de Arenteiro

Con moito humor no seu monólogo"Contos de contrabando" dende as 19:30 horas do domingo 29 no adro da Igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro, dentro da programación de verán do concello de Boborás que aínda terá continuidade no mes de Setembro.

"Ourenrock" na Insua dos Poetas

Do venres 27 ao domingo 29 este festival ofrece ata seis actuacións musicais. O programa, ao detalle, podes encontrálo nesta mesma páxina WEB.