Queixas en Boborás e O Irixo pola desatención nas oficinas de Abanca nestas localidades, que continúan abrindo so dous dias á semana

10, Xuño 2020

Clientes de Abanca en Boborás e O Irixo manifestaron a través desta emisora de radio as súas queixas polo que consideran é unha situación de desatención en ambas as dúas sucursais, que a dia de hoxe continúan -igual que dende que se declarou o estado de alarma- atendendo ao público en horario reducido tan so dous dias á semana.

"Parece que esto da desescalada non vai con Abanca", subliñaba un oínte en COPE O Carballiño.

Esta situación está provocando que se formen colas ás portas das entidades bancarias "en Boborás para pagar un recibo so atenden ata as 10 da mañá, hoxe tiven que volverme para a casa, despois de facer cola máis dunha hora", queixabase outra veciña.

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, trasladou aos responsables da xestión institucional cos concellos de Abanca a súa preocupación por esta situación e agarda que se resolva pronto "a postura do concello é clara, imos defender os intereses dos veciños, xa lle trasladei a nosa preocupación, deben entender que o rural ten que ter un trato diferencial respecto ás cidades", declarou.