Ramón Dacosta é o adestrador elexido para dirixir o novo proxeto do C.D. Arenteiro

5, Xuño 2011

O bó traballo feito no equipo xuvenil da Escola Municipal que militou na liga galega, o coñecemento do fútbol provincial e o pasado recente como xogador do propio Arenteiro, foron as claves que levaron á Xunta Directiva de Antonio Iglesias "Cadavid" a elexir a Ramón Dacosta para dirixir o novo proxecto do club, que a vindeira tempada competirá na 1ª autonómica, e cun único obxetivo, o retorno pola via rápida á categoria da Preferente. Unha vez confirmada a elección de Dacosta, será él mesmo quen inicio os contactos para a confección da plantilla, que xa conta cunha primeira incorporación, a do dianteiro centro Julio Alén, que regresa dous anos despois ó Arenteiro, despois de xogar esta última tempada no Cortegada.

No capítulo social, e tras confirmarse a continuidade do equipo que preside "Cadavid", esperase sentar as bases para un ambicioso proxecto de futuro que tería o seu destino deportivo na 3ª división, esa é a meta que Cadavid se marcou, e asi o manifestou na Asemblea de Socios, na que tamén se díu conta da situación económica da entidade, que presenta un deficit de 68.000 euros.