"Real Straits" ofrece no Carballiño o único concerto gratuíto da banda este ano en Galicia

15, Setembro 2018

Co lema “THE REAL STORY OF dIRE sTRAITS (40th Anniversary Tour)”, o grupo Real Straits ofrecerá este sábado, 15 de setembo, no Carballiño un dos únicos catro concertos que dará en Galicia esta banda durante este ano, e todos menos este do Carballiño serán de pago.
A actuación terá lugar ás 00,30 h., na Praza Maior, ao remate da sesión de pirotécnia.

Real Straits é o tributo a Dire Straits máis fiel e auténtico que se poda atopar. A banda está formada por sete virtuosos intérpretes, recoñecidos a nivel internacional, e unidos coa intención de rendir unha homenaxe inolvidable a un dos grupos máis relevantes da historia da música: os DIRE STRAITS.

En REAL STRAITS o papel de Mark Knopfler é asumido polo guitarrista Ángel Miguel, acompañado de Dany León á guitarra, Samuel Rodríguez y Fernando Chacón aos teclados, Alejandro Blanco á batería, Antón Ceballos ao baixo e Juan Flores ao saxo. Parte deste elenco son ou foron músicos de grupos tan icónicos como Ilegales, Willie Nile, Elliot Murphy ou Avalanch, entre outros.
A través dos seus espectaculares directos, recrean as cancións inmortais de Dire Straits, que sorprenden e emocionan aos máis fieles seguidores da banda británica.

Ao longo dos últimos dous anos, levaro ante miles de persoas en España a súa xira 30 Aniversario de Brothers in Arms 1985-1986, rexistrando éxitos rotundos en cada unha das cidades visitadas, e colgando o sold-out en numerosas ocasións.
Agora, celebrando o 40 Aniversario da fundación do grupo (1977-2017), embárcanse na aventura máis importante da súa carreira: THE REAL STORY OF dIRE sTRAITS.

Trátase dun recorrido histórico a través desta música eterna, deixando patente cada unha das épocas e cada un dos discos, cunha proposta apaixoante e única. A través desta viaxe, o público revivirá, nota a nota, canción a canción, a banda sonora de sus vidas.
O espectáculo e emoción dos seus directos, a colección de guitarras idénticas ás de Knopfler tocadas maxistralmente por Ángel Miguel, e unha factura musical impecable, fan imprescindible a cita con esta homenaxe plena de paixón, nostalxia e rock and roll.