Reclaman a revisión das notas no procedemento de contratación de varredores no concello do Carballiño tras advertir "discriminación e favoritismo"

25, Xullo 2020

Nove participantes no procedemento que ven de levar a cabo o concello do Carballiño para a contratación de operarios de limpeza viaria no concello do Carballiño veñen de presentar unha reclamación conxunta contra a resolución publicada polo concello ao entender que se cometeron irregularidades "coa valoración que se fixo da documentación aportada por todos os aspirantes".

Manifestan o seu desacordo e mediante un escrito asinado por nove dos aspirantes que participaron neste proceso selectivo para a contratación como varredores no concello carballiñés presentado no rexistro municipal piden "que se revisen de novo todas as valoracións e que se aplique o mesmo tratoa todos os participantes sen discriminación nin favoritismos".