Record de participantes na V Ruta MTB Os Mosqueteiros.Buke&Trail

27, Setembro 2015

Extraordinario ambiente favorecido polo bo tempo na matinal carballiñesa con motivo da V Ruta MTB ADC Os Mosqueteiros.Bike&trail, que trouxo ata O Carballiño a 400 deportistas chegados dende toda a xeografía galega e dende o norte de Portugal.

A ruta  de bicicletas de montaña, de carácter non competitivo, asi como un trail de montaña, transcorreron  por camiños e montes dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás.